Laura Salteiro, artesanía en xoias


Benvidas e benvidos a este meu blog

Ola!

Son Laura Salteiro, deseñadora e creadora de xoias compostelá.

Con esta bitácora comeza a miña andaina profesional na rede.

Aquí irei deixando as novidades que se vaian producindo no meu decorrer neste mundo da xoiería artesanal.

Vós tamén podedes escribirme con aquelas dúbidas, comentarios ou suxestións que teñades.

En breve subirei as imaxes das miñas creacións, para que poidades velas e, se vos interesan, falar de negocios ;)

Moitas grazas a todas e todos os que me visitedes

- Laura Salteiro – xoieira